Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12912

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Baña

ANUNCIO de exposición pública de apertura Bar Sonia.

Mª Josefa Antelo Couto solicitou nesta alcaldía, licenza municipal para establecemento dedicado a café-bar, no lugar do Faílde, parroquia de Suevos. En cumprimento do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días (20) hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no DOG, coa finalidade de que durante este poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, polas persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

A Baña, 26 de febreiro de 2014

José Andrés García Cardeso
Alcalde