Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 26 de marzo de 2014 Páx. 12911

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

RESOLUCIÓN de 19 de febreiro de 2014 pola que se convocan procesos selectivos desta entidade, aos que resulta de aplicación a disposición transitoria segunda do EBEP (persoal laboral fixo/indefinido que desempeña funcións ou postos clasificados como propios de persoal funcionario).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 50, do 1 de marzo de 2014, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que rexerán a convocatoria para funcionarizar as prazas de axente de emprego local, asistente social, administrativo e auxiliar administrativo deste concello.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio.

Antas de Ulla, 19 de febreiro de 2014

Javier Varela Pérez
Alcalde