Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21072

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a impartición de accións formativas dirixidas a persoas en risco de exclusión social, para a preparación das probas de graduado en ESO.

Por Decreto da Alcaldía, do 11 de abril de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 14/14).

2. Obxecto do contrato: impartición de accións formativas dirixidas a persoas en risco de exclusión social, para a preparación das probas de graduado en ESO.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 15.000 € (exento de IVE), cun prazo máximo de impartición dos cursos ata o 11.9.2014.

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: oito (8) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 11 de abril de 2014

José Manuel Jacobo Vázquez
Alcalde accidental