Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 8 de maio de 2014 Páx. 21073

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle de modificación de aliñacións no lugar do Rodelo, no solo de extensión do núcleo rural de Damil.

Aprobado inicialmente o 14 de abril de 2014 o estudo de detalle de iniciativa pública de modificación de aliñacións establecidas no lugar do Rodelo no solo de extensión do núcleo rural de Damil, elaborado en febreiro de 2014 polo arquitecto Vítor Dorrío Conde e co que se pretende exclusivamente a modificación das aliñacións establecidas na ordenanza 13ª do PXOM de Xinzo de Limia para o solo de extensión de núcleo rural:

1. Suprímese a aliñación oficial fixada a 3,00 m da liña de cerramento na fronte da parcela. No seu lugar establécese un recuamento mínimo de 3,00 m respecto da liña de cerramento.

2. Suprímese tamén o fondo máximo edificable establecido en 14,00 m. Non tería sentido por tratar dunha tipoloxía edificatoria de vivenda unifamiliar onde non se persegue a uniformidade.

3. Mantéñense os recuamentos exixibles aos lindes laterais e posterior (3,00 m).

4. Non se modifican os parámetros xa establecidos de ocupación (25 %) e de edificabilidade (0,6 m2/m2).

En cumprimento do Acordo da Xunta de Goberno Local do 14 de abril de 2014 e do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública, quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por este, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Xinzo de Limia, 15 de abril de 2014

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde