Requírense aquelas persoas que poidan ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda desocupada, de titularidade do IGVS, situada na rúa Lorient, número 7, 1º B, Vigo, Pontevedra, para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.
Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial de Pontevedra (rúa Alcalde Hevia, número 7, 36071 Pontevedra. Teléfonos: 986 80 56 18/07).
Expido, asino e selo este anuncio.
Pontevedra, 8 de outubro de 2014
Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra