1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
4) Teléfono: 881 54 36 35.
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Número de expediente: AB-SER1-14-056.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo de deseño e fabricación dun catálogo de kits para a detección de patóxenos, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados.
c) División por lotes: non.
d) Prazo de execución/entrega: será o ofertado polo adxudicatario e non poderá superar as 25 semanas desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 73000000-2.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
Concepto |
Puntuación |
– Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
0-35 |
Proposta de metodoloxía |
0-20 |
Plan de traballo e xestión do proxecto |
0-15 |
– Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0-65 |
Oferta económica |
0-35 |
Aumento do número de kits en formato multiplex |
0-20 |
Prazo de execución do contrato |
0-10 |
4. Valor estimado do contrato: 85.000 euros.
5. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 85.000 euros. Importe total: 102.850 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 6.6.2.d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.
c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.
11. Outras informacións. cofinanciado nun 80 % por Fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos