Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo das primeiras fases do desenvolvemento industrial dunha cepa bacteriana candidata a vacina viva atenuada e o estudo de seguridade preliminar con validez regulatoria en modelo animal, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-14-055).

missing image file

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703, Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 36 35.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-14-055.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo das primeiras fases do desenvolvemento industrial dunha cepa bacteriana candidata a vacina viva atenuada e o estudo de seguridade preliminar con validez regulatoria en modelo animal, dentro do proxecto Innova Saúde, subproxecto IS-13-transferencia e difusión de resultados.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: será o ofertado polo adxudicatario e non poderá superar as 42 semanas desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 73100000-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-35

Plan de traballo e xestión do proxecto

0-20

Proposta metodolóxica

0-15

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-65

Oferta económica

0-40

Prazo de execución do contrato

0-25

4. Valor estimado do contrato: 175.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 175.000 euros. Importe total: 211.750 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2 d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703, Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703, Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % por Fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixo 1, tema prioritario 04.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos