Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45978

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente FG nº 592).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 25 de setembro de 2014, acordou, entre outros, o seguinte, facendo constar que con esta mesma data se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

– Aprobar definitivamente o documento denominado estudo de detalle parcela nº 51 da avenida Concepción Arenal, Santa Cruz (Oleiros). Doc. refundido do 10.6.2014 nº 8269.

– Arquivar o documento nº 366, do 14.1.2014, ao quedar substituído polo que se aproba.

Recursos. O estudo de detalle é unha disposición xeral, polo que contra el poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 1 de outubro de 2014

Ángel García Seoane
Alcalde presidente