Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45979

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre emprazamento de persoal.

Dámaso Pena González, 227/2014 p.a.; Úrsula Comesaña Ambrosio, 230/2014 p.a.; Paula Davila Granada, 231/2014 p.a. e Santiago Arenas Villaroel, 223/2014, presentaron recursos contencioso-administrativos contra o Acordo da Xunta de Goberno Local do 23 de maio de 2014, desestimatorio dos recursos de reposición formulados contra as bases específicas para a provisión de vinte e tres (23) prazas de Policía Local e de dúas (2) prazas de inspector principal da Policía Local, correspondentes á oferta de emprego público dos anos 2010-2011, que se están a tramitar ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, por este anuncio, e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 47.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, na redacción dada pola Lei 13/2009, do 3 de novembro, de reforma da lexislación procesual, procédese a emprazar os posibles interesados que desexen comparecer no proceso indicado.

Vigo, 19 de setembro de 2014

Carlos López Font
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal