Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45965

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 8 de outubro de 2014, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se require a retirada dos mobles dunha vivenda desocupada a aquelas persoas que acrediten o seu dereito a eles (expediente PO-83/400, conta 39).

Requírense aquelas persoas que poidan ter dereito sobre os mobles que se atopan na vivenda desocupada, de titularidade do IGVS, situada na rúa Alexandre Bóveda, número 8, 2º A, Vigo, Pontevedra, para que, unha vez acreditado, os retiren do inmoble no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio. Transcorrido o dito prazo, consideraranse bens abandonados para todos os efectos, segundo o establecido no artigo 703.1º da Lei de axuizamento civil.

Para proceder á entrega dos utensilios deberán dirixirse á Área Provincial de Pontevedra (rúa Alcalde Hevia, número 7, 36071 Pontevedra. Teléfonos: 986 80 56 18/07).

Expido, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 8 de outubro de 2014

Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra