Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación correspondente á subministración de servidores para a Xunta de Galicia, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (expediente 31/2014).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de servidores destinados aos centros de proceso de datos da Xunta de Galicia e as súas distintas dependencias na Comunidade Autónoma de Galicia, de xeito que o continuo proceso de implantación de sistemas de información se aliñe tamén cunha progresiva dotación de infraestruturas de servidores que permitan a ulterior centralización dos servizos sobre plataformas transversais actualizadas e máis eficientes.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 21.3.2014.

DOUE: 20.3.2014.

BOE: 27.3.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 1.652.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación: 1.652.000,00 € máis 346.920,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 1.998.920,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5.6.2014.

b) Data de formalización do contrato: 10.7.2014.

c) Contratista: Ednon, S.L.

d) Importe de adxudicación: 1.978.350,00 € (IVE do 21 % incluído).

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia