Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades en sistemas de información nos ámbitos de educación e benestar da Xunta de Galicia (expediente 09/2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo para o desenvolvemento de novas funcionalidades en sistemas de información nos ámbitos de educación e benestar da Xunta de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Fecha de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 20.1.2014.

DOUE: 9.1.2014.

BOE: 29.1.2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 2.721.674,52 €.

5. Orzamento base de licitación.

Lote 1: sistemas de información da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: orzamento total de licitación de 953.742,06 € (IVE incluído).

Lote 2: sistemas de información da Consellería de Traballo e Benestar: orzamento total de licitación de 144.000,00 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación:

– Lote 1: 30.4.2014.

– Lote 2: 30.4.2014.

b) Data de formalización do contrato:

– Lote 1: 4.6.2014.

– Lote 2: 4.6.2014.

c) Contratista:

– Lote 1: UTE Tecnocom-Coremain.

– Lote 2: SIVSA, Soluciones Informáticas, S.A.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: 948.640,00 € (IVE incluído).

– Lote 2: 133.918,47 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2014

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia