Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 17 de outubro de 2014 polo que se notifica aos interesados a resolución ditada nas solicitudes de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolución pola que se declara que desisten na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia as persoas interesadas que se indican no anexo.

Logo de tentar dúas veces a notificación das citadas resolucións a través do servizo de Correos no domicilio indicado polas persoas interesadas para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude do presente anuncio, notifícalles ás persoas interesadas que se indican no anexo a resolución antes referida.

O interesado e a interesada poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra) no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpor as persoas interesadas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que as persoas interesadas comparezan, un recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, conforme as previsións da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro de 1992), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE número 16, do 19 de xaneiro de 1999, e BOE número 30, do 4 de febreiro de 1999).

A Estrada, 17 de outubro de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Solicitante: Eva Abadin Cid.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Solicitante: Agustín Casado Gómez.

Acto notificado: declaración de desistencia na súa solicitude de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.