Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45938

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 10 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se empraza a Ana María Cabo López para ser notificada por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de tentada a notificación persoal, emprázase a Ana María Cabo López para ser notificada por comparecencia.

O acto obxecto de notificación é a Resolución do director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 16 de xullo de 2014, pola que se inicia o expediente de revogación da autorización do centro privado San Andrés da Coruña.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, entre as 9.00 e ás 14.00 horas, de luns a venres.

A citada dirección xeral ten a súa sede en Santiago de Compostela; Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao último día do prazo fixado.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2014

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos