Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45982

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre o inicio do procedemento de dereitos fundamentais 276/2014 e dous máis.

Xoán Vázquez Cao, Isabel Dourado Veiga e Juan Carlos González Fortes iniciaron procedementos de dereitos fundamentais 276/2014, 278/2014 e 279/2014, respectivamente, contra o Acordo da Xunta de Goberno Local do 23 de maio de 2014, desestimatorio dos recursos de reposición formulados contra as bases específicas para a provisión de vinte e tres (23) prazas de Policía local, correspondente á oferta de emprego público dos anos 2010-2011, que se está a tramitar ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo, por este anuncio, e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 47.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, na redacción dada pola Lei 13/2009, do 3 de novembro, de reforma da lexislación procesual, procédese a emprazar os posibles interesados que desexen comparecer no proceso indicado.

Vigo, 17 de outubro de 2014

Carlos López Font
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal