Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45983

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación do servizo e reposición de zonas verdes (expediente 7614-446).

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Montes, Parques e Xardíns. Nº de expediente: 7614-446.

2. Obxecto do contrato: descrición: mantemento, conservación e reposición de zonas verdes do Concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: catro (4) anos máis dúas prórrogas dun ano cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 24.243.874,28 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (Perfil do contratante); teléfono 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: si; grupo O, subgrupo 6, categoría d.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o trixésimo día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no Perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 23 de outubro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación