Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 30 de outubro de 2014 Páx. 45985

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO de información pública sobre o Plan de implantación de infraestruturas de radiocomunicación.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, ditou unha providencia o 29 de setembro de 2014, pola que se acorda:

1º. Admitir a trámite a solicitude de Antonio Raposo Vidal, en nome e representación de Vodafone España, S.A.U., de tramitación do Plan de implantación de infraestruturas de radiocomunicación para o termo municipal de Viveiro.

2º. Someter o citado plan ao trámite de información pública polo prazo de dous meses mediante a publicación de anuncios no DOG, no BOP de Lugo, no xornal El Progreso e no taboleiro de anuncios do Concello de Viveiro.

3º. A emisión dos preceptivos informes por parte dos servizos técnicos municipais respecto da adecuación do plan á lexislación urbanística e ambiental, ao planeamento municipal e á ordenanza municipal para instalación e funcionamento de instalacións de telefonía móbil persoal e outros servizos de telecomunicacións e de difusión, aprobada polo Pleno do Concello o 6 de maio de 2005, e publicada no BOP de Lugo número 185, do 13 de agosto de 2005, coas modificación derivadas da Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 30 de abril de 2009, pola que foron anulados os seguintes artigos da citada ordenanza: 7d), 12.1, nos seus parágrafos primeiro, cuarto (en canto ao impacto sanitario) e quinto; 12.3.2, parágrafo sexto (en canto á distancia a vivendas) e 12.5.2.f).

O documento (plan de implantación) e o expediente administrativo sométense ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, no BOP de Lugo, no xornal El Progreso e no taboleiro de anuncios do concello. Durante o referido prazo de dous meses (que se contará a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG) calquera interesado poderá consultalos e formular as alegacións que xulgue oportunas.

A consulta dos documentos poderá efectuarse no Servizo de Urbanismo (2º andar da casa do concello), sito na praza Maior, nº 1, de Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Viveiro, 30 de setembro de 2014

María Loureiro García
Alcaldesa