Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 8 de maio de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifican os acordos de iniciación dos expedientes de reintegro das subvencións concedidas nos expedientes TR352A 2010/839-0 e TR352A 2011/518-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícanselle á entidade relacionada no anexo os acordos de iniciación dos expedientes de reintegro das subvencións concedida mediante resolucións do director xeral de Promoción do Emprego do 13 de outubro de 2010 e do 3 de agosto de 2011.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de quince (15) días para que alegue ou presente os documentos que xulgue pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar os expedientes, depositados nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia das resolucións, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais.

Enderezo: Juan Flórez, 109-133, local 7 baixo. 15005 A Coruña.

Nº de expediente: TR352A 2010/839-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 17 de marzo de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2.a) da Orde do 10 de marzo de 2010 pola que se establecen as bases que regulan para o exercicio do ano 2010 as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria (DOG núm. 54, do 22.3.2010); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 34,34 €.

Nº de expediente: TR352A 2011/518-0.

Data do acordo de iniciación do expediente de reintegro: 17 de marzo de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 8.2 da Orde do 30 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á convocatoria para o ano 2011 (DOG núm. 10, do 17.1.2011); artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 36,11 €.