Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21151

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 14 de abril de 2015, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se notifica a resolución do expediente de reintegro da subvención concedida no expediente TR352B 2009/323-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, por esta cédula notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución do expediente de reintegro da subvención concedida mediante Resolución do director xeral de Promoción do Emprego do 7 de agosto de 2009.

Faise saber que o interesado disporá dun prazo de quince (15) días para que alegue ou presente os documentos que xulgue pertinentes, de acordo co disposto no artigo 77 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Recórdaselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, e a obter, de ser o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da mencionada Lei 30/1992.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2015

Ana María Díaz López
Directora xeral de Emprego e Formación

ANEXO

Entidade: Asociación de Comerciantes y Hosteleros Vigovello.

Enderezo: rúa Oliva, 12, 2º 36202 Vigo (Pontevedra).

Nº de expediente: TR352B 2009/323-0.

Data da resolución do expediente de reintegro: 3 de febrero de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 7.2 e 7.3 da Orde do 29 de decembro de 2009 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio de 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro e se procede á súa convocatoria (DOG núm. 7, do 12.1.2009); artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade que hai que reintegrar: 58,35 €.