Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21153

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2015 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do servizo de limpeza de diversas dependencias das xefaturas territoriais (expediente 29/2015).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de diversas dependencias das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar.

c) División por lotes e número: si, catro.

Lote 1: dependencias da Xefatura Territorial da Coruña.

Lote 2: dependencias da Xefatura Territorial de Lugo.

Lote 3: dependencias da Xefatura Territorial de Ourense.

Lote 4: dependencias da Xefatura Territorial de Pontevedra.

d) Prazo de execución: o prazo de execución do contrato é de doce (12) meses.

e) Admisión de prórroga: si, por un ou varios períodos que supoñan como máximo seis (6) meses.

f) CPV: 90919200-4.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: criterios avaliables de xeito automático, recollidos na letra N da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 82.363,02 €, IVE (21 %): 17.296,24 €. Importe total: 99.659,26 €.

Valor estimado: 123.544,53 € (sen IVE), incluídas as posibles prórrogas.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Non obstante, se o licitador conta coa clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A, está exento de presentar solvencias (letra H da folla de especificacións).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: segundo o disposto nas letras J e K da folla de especificacións.

7. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 44 (consultas administrativas); 981 54 50 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22678

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15 días) naturais, non sendo que o último día sexa inhábil, neste caso prorrogarase o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que teñen que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina do Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo a este rexistro único dentro do prazo de admisión sinalado. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: a apertura dos sobres B terá lugar en acto público, ás 12.00 horas do sétimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, non sendo que for sábado, neste caso prorrogarase o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: datos para a subrogación dos traballadores no anexo II do prego de prescricións técnicas (PPT).

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2015

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar