Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21209

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da adxudicación definitiva da explotación da cafetaría do Xardín do Posío.

En cumprimento do disposto no artigo 138.1 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise público para o coñecemento xeral a seguinte adxudicación definitiva de contrato administrativo especial:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: C/62/2010.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: contratación da explotación da cafetaría do Xardín do Posío.

c) Lote: único.

d) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: BOP núm. 154, do 8 de xullo de 2010 e DOG núm. 144, do 29 de xullo.

3. Trámite e procedemento de adxudicación.

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Canon mínimo anual: 9.760 euros máis IVE.

5. Adxudicación definitiva.

a) Data: 30 de abril de 2015.

b) Contratista: Manuel Rojo Estévez.

c) Importe de adxudicación:

Importe neto: 14.400,00 €/ano. IVE: 3.024,00 €. Importe total: 17.424,00 €/ano.

Ourense, 7 de maio de 2015

Agustín Fernández Gallego
Alcalde