Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 29 de maio de 2015 Páx. 21211

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de reforma interior UEI-21.

Por resolución desta Alcaldía, do 13 de maio de 2015, aprobouse inicialmente o Plan especial en desenvolvemento da unidade de execución número 21 do PXOM de Vilagarcía de Arousa, redactado polo arquitecto Manuel J. Freijeiro Martínez e promovido por José Mario Garza Fernández e/n Mallarizo, S.L.

Conforme o establecido no artigo 86.1 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, o dito PERI estará exposto ao público, na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e poden presentarse reclamacións ou alegacións nese prazo.

Vilagarcía de Arousa, 15 de maio de 2015

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde