Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30156

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (621/2014).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 621/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lourdes López Vázquez contra a empresa Yovana Pérez Fernández, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, ditouse resolución o 19 de xuño de 2015, contra a cal non cabe interpoñer recurso ningún, podendo ter os interesados coñecemento íntegro do acto no devandito xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Yovana Pérez Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de xuño de 2015

A secretaria xudicial