Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 20 de xullo de 2015 Páx. 30154

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui

EDICTO (296/2014).

Antonio Fernández Faro, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Tui, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal de alimentos 296/2014, seguido por instancia de Noemi Casado Moreira fronte a Manuel Ángel Casado Barriero, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 85/2015.

En Tui o trinta de xuño de dous mil quince.

Vistas e oídas por min, Gaspar Carlos Salgado Fernández, xuíz substituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 desta cidade e partido xudicial, as actuacións do xuízo verbal sobre alimentos, seguidas nel co número 296/2014, nas cales figuraba como demandante Noemi Casado Moreira, representada pola procuradora María de la Paz Estévez Baña, coa dirección letrada de Rosa María Lomba Suárez, e como parte demandada Manuel Ángel Casado Barreiro, en situación de rebeldía procesual, veño ditar, en nome da súa maxestade o rei, a seguinte

Seguen antecedentes de feito.

Seguen fundamentos xurídicos.

Decido que, estimando integramente a demanda interposta por Noemi Casado Moreira contra Manuel Ángel Casado Barreiro, debo condenar e condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de doce mil trescentos noventa e seis euros e noventa céntimos, máis os xuros legais.

Non procede facer especial pronunciamento sobre custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no termo dos vinte días seguintes á notificación desta resolución, e do que coñecerá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Lévese esta resolución ao libro de sentenzas e autos definitivos e déixese testemuño nas actuacións.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Ángel Casado Barriero, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Tui, 30 de xuño de 2015

O secretario xudicial