Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 28 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica resolución en relación cun expediente de compatibilidade.

Con data do 9.9.2015, o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada polo conselleiro de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG nº 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución pola que se acepta a desistencia da solicitude de compatibilidade presentada por Cristina García López.

Logo de tentar, dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no enderezo indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foron devoltas polo dito servizo, por non retirado, tras os dous intentos en que consta ausente de repartición.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a Cristina García López a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública