Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para o complexo xestor para a recuperación de materias primas mediante a valorización de escouras inertes que González Couceiro, S.L.U. promove en Trazo (A Coruña) (expediente 2015-IPPC-I-63).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental (BOE nº 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico e documento ambiental para a autorización ambiental integrada e avaliación de impacto ambiental ordinaria do complexo xestor para a recuperación de materias primas mediante a valorización de escouras inertes situado en Trazo. Revisión 1.

A documentación está composta por cinco tomos (proxecto técnico, proxecto básico, proxecto de explotación, anexos e resumo non técnico), co fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O citado documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, na Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ( http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade>> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-I-63.

Peticionaria: González Couceiro, S.L.U. (B36179299).

Domicilio social: polígono industrial das Gándaras, parcela nº 8, 36400 O Porriño (Pontevedra).

Localización da instalación: parroquia de San Xoán do Campo, Viaño Grande, canteira Celia, 15687 Trazo (A Coruña).

Actividade: complexo xestor para a recuperación de materias primas mediante a valorización de escouras inertes.

Descrición: a actividade centrarase na valorización de escouras caracterizadas como material inerte (LER 190112) procedentes, fundamentalmente, de fornos de leito fluidificado en que se produce a incineración de combustible derivado de residuos (CDR). A instalación contará cunha única liña de actividade en que se valorizarán estas escouras mediante operacións mecánicas e físicas de separación de materiais e división de granulometrías, de tal xeito que se obteñan diferentes fraccións de granulado reciclado e materiais potencialmente reciclables (fundamentalmente metais férricos e non férricos).