Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 17 de novembro de 2015, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifican ás persoas interesadas os requirimentos de emendas das deficiencias das solicitudes de subvención do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselle á interesada, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, o requirimento de emenda das deficiencias das solicitudes de subvención do programa de axudas ao alugamento do Plan estatal 2013-2016.

Tendo en conta o sinalado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia concédeselles un prazo de 10 días hábiles para que emenden as deficiencias ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixesen, se terán por desistidos da súa petición, logo da resolución de arquivamento.

A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 17 de novembro de 2015

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

DNI/NIE

Enderezo

CP

Concello

201532ALUG01420H

Carolina dos Santos Ferreira

71508382W

Avda. Eulogio Fernández nº 78, 3º B

32300

O Barco de Valdeorras