Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45627

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 24 de novembro de 2015, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente 15R002/57/2011 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se poidese practicar, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 24 de novembro de 2015

P.A.
Alejandro Bregua Cousillas
Xefe da Sección da Inspección da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/57/2011.

Interesado: Jiankang Jin.

CIF/NIF: X-3106635.

Acto notificado: resolución do recurso de alzada.

Expediente: 15R002/67/2011.

Interesada: SS Fernández Concesionario, S.L.

CIF/NIF: F-70069620.

Acto notificado: resolución do recurso de alzada.