Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 23 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se acorda someter novamente a información pública o anteproxecto de Lei de acuicultura de Galicia.

A Consellería do Mar está tramitando o anteproxecto de Lei de acuicultura de Galicia, que ten por obxecto regular a actividade da acuicultura e de todas as actividades directamente relacionadas con esta, no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. No Diario Oficial de Galicia do 19 de outubro de 2015 publicouse a Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar pola que se someteu a información pública o citado anteproxecto de lei polo prazo dun mes.

En virtude do exposto no artigo 7.4 do Decreto 111/1984, do 25 de maio, polo que se aproba o Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 57/1994, do 25 de marzo, e co fin de seguir garantindo unha maior participación da cidadanía neste trámite administrativo,

ACORDO:

Someter a un novo trámite de información pública o anteproxecto da Lei de acuicultura de Galicia, que rematará o 15 de decembro de 2015.

Durante este tempo, o texto do anteproxecto de lei poderase seguir consultando no seguinte enderezo electrónico:

http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/institucional/transparencia/elaboracion_de_disposicions_proxectos_e_actos_administrativos/disposicion/

As persoas interesadas, dentro do prazo sinalado, poderán enviar as súas alegacións preferentemente mediante correo electrónico ao seguinte enderezo: sxt.mar@xunta.es ou, alternativamente, mediante a presentación dun escrito dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar