Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2015 pola que se fai público o cofinanciamento de obras hidráulicas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

En cumprimento da obriga de información e publicidade do cofinanciamento pola Unión Europea, procédese a publicar as seguintes actuacións cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: contrato menor de obra cun único criterio de adxudicación (prezo).

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: a proposición economicamente máis vantaxosa, por ser a de prezo máis baixo.

2. Obxecto do contrato.

a) Título: mellora da rede de saneamento de Fisterra. Actuacións no pozo de bombeo do Porto. Fisterra (A Coruña).

Clave do expediente: M.15011.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base de licitación: importe neto: 49.920,38 euros. Importe total: 60.403,67 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Data da adxudicación: 22 de xuño de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 49.500 euros. Importe total: 59.895 euros.

Contratista: Proyecon Galicia, S.A.

b) Título: ampliación da rede de saneamento na parroquia de Bóveda. Begonte (Lugo).

Clave do expediente: M.15038.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232410-9.

Orzamento base de licitación: importe neto: 40.860,09 euros. Importe total: 49.440,71 euros.

Prazo de execución: 1 mes.

Data da adxudicación: 13 de outubro de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 40.826,45 euros. Importe total: 49.400 euros.

Contratista: Ogasaviales de Lugo, S.L.

c) Título: mellora da rede de abastecemento na rúa da Laxa. As Curuxeiras (Ourense).

Clave do expediente: M.15046.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232151-5.

Orzamento base de licitación: importe neto: 39.516,06 euros. Importe total: 47.814,43 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Data da adxudicación: 28 de setembro de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 37.927,51 euros. Importe total: 45.892,29 euros.

Contratista: Hordescon, S.L.

d) Título: ampliación da rede de abastecemento na Costa-Cudeiro. Concello de Ourense.

Clave do expediente: M.15047.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Orzamento base de licitación: importe neto: 35.264,67 euros. Importe total: 42.670,25 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Data da adxudicación: 27 de outubro de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 34.050 euros. Importe total: 41.200,50 euros.

Contratista: Construcciones Manuel Viso e Hijos, S.L.

e) Título: ampliación da rede de abastecemento na rúa dos Limoeiros. Concello de Ourense.

Clave do expediente: M.15048.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232150-8.

Orzamento base de licitación: importe neto: 23.975,74 euros. Importe total: 29.010,65 euros.

Prazo de execución: 1 mes.

Data da adxudicación: 8 de outubro de 2015.

Importe de adxudicación: importe neto: 23.248,82 euros. Importe total: 28.131,07 euros.

Contratista: Obras y Saneamientos Galicia, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. Unha maneira de facer Europa.

En concreto, as obras indicadas coas letras a) e b) encádranse no tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual). Actuación 3.46.2: mellora, ampliación e optimización das redes de colectores de saneamento e pluviais existentes, así como de emisarios, e as indicadas coas letras da c) á e) encádranse no tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución da auga (auga potable). Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de auga potable, redes de distribución e sistemas de automatización e control.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2015

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia