Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45545

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3595/2015 BB).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3595/2015 BB

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 967/2014 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: Fogasa

Avogado: Avogacía do Estado Fogasa, A Coruña

Recorridos: administración concursal Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso), Rita María Parada Álvarez, Pescados Juan Fernández, S.L.U.

Avogado: Gil Alfonso López Pérez

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3595/2015 BB, seguido por instancia de Fogasa contra a Administración concursal Pescados Juan Fernández (Diego Comendador Alonso), Rita María Parada Álvarez, Pescados Juan Fernández, S.L.U., sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación do Fogasa contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, do 28 de maio de 2015, debemos confirmar integramente a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que lle sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L.U., en ignorado paradoiro. Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento. Expido e asino a presente edicto.

A Coruña, 10 de novembro de 2015

Letrada da Administración de xustiza