Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45543

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3780/2015 MDM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3780/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 879/2014 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: Pablo Lesta Naveira

Avogada: María Dolores Rodríguez Amoroso

Recorrido: Fogasa

Avogado: Avogacía do Estado, Fogasa, A Coruña

Recorrida: Alfa Instant, S.A.

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3780/2015 desta sección, seguido por instancia de Pablo Lesta Naveira contra o Fondo de Garantía Salarial e Alfa Instant, S.A., sobre resolución de contrato, se ditou resolución de data 10 de novembro de 2015, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: que desestimamos o recurso de suplicación interposto pola letrada María Dolores Rodríguez Amoroso, actuando en nome e representación de Pablo Lesta Naveira contra a sentenza de data vinte e catro de abril de dous mil quince, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña en autos 879/2014, seguidos por instancia do recorrente contra a empresa Alfa Instant, S.A., sendo parte o Fogasa, sobre extinción de contrato de traballo, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a cal se recorre.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Alfa Instant, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza