Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx. 53139

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se regulan os medios de comprobación do valor dos bens inmobles que se utilizarán, dos previstos no artigo 57 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, no ámbito dos impostos sobre sucesións e doazóns e sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, así como a normativa técnica xeral.

Advertidos erros na orde antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 248, do 30 de decembro de 2015, cómpre facer as seguintes correccións.

Na páxina 49958,

No artigo 11.2, onde di:

«Para os efectos de ditames periciais, e con carácter potestativo, que deberá ser apoiado por unha decisión técnica do perito actuante ao elixir como idóneo un dos métodos de valoración previstos no artigo 11.2, incorpóranse a continuación normas específicas para as valoracións segundo os criterios de custo e de comparación hipotética».

Debe dicir:

«Para os efectos de ditames periciais, e con carácter potestativo, que deberá ser apoiado por unha decisión técnica do perito actuante ao elixir como idóneo un dos métodos de valoración previstos neste artigo, incorpóranse a continuación normas específicas para as valoracións segundo os criterios de custo e de comparación hipotética».

Na páxina 49971,

Onde di:

«Disposición final segunda»

Debe dicir:

«Disposición derradeira segunda»