Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 31 de decembro de 2015 Páx. 53315

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2015 pola que se actualizan os anexos V, VI e VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, pola que se aproba o modelo de autoliquidación das taxas da Comunidade Autónoma de Galicia e se establece a utilización de efectos timbrados para o pagamento das taxas por servizos administrativos de compulsa de documentos e de verificación de suficiencia e documentos acreditativos de lexitimación, e os anexos I e II da Orde do 29 de xuño de 1994, pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria das taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para unha adecuada aplicación das taxas e os prezos da Comunidade Autónoma de Galicia, a orde a que fai referencia o título desta resolución procedeu a codificar tanto as diferentes taxas como os servizos xestores que as aplican.

Ao longo do ano promulgouse unha serie de normas que viñeron crear ou modificar as tarifas existentes, razón pola cal mediante esta resolución se procede a revisar as codificacións recollidas nas ordes citadas, consonte coa autorización contida no parágrafo 2 da disposición adicional da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, e a autorización contida na disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994.

As normas que motivan as modificacións son as que se citan a seguir:

1. O Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia. Este decreto establece unha nova estrutura da Xunta de Galicia, o que fai necesario modificar os códigos de consellerías e servizos contidos no anexo V da Orde de 30 de xuño de 1992.

2. Decreto 177/2015, do 3 decembro, polo que se extingue a entidade de dereito público Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

3. A Lei de medidas fiscais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2016.

4. A Resolución do 9 de xullo de 2015 pola que se cancela a autorización como entidades colaboradoras para a recadación dos tributos e outros ingresos de dereito público da Xunta de Galicia de Caja España e Caja Duero.

5. A Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se regulan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia. A entrada en vigor desta orde motiva a modificación dos anexos I e II da Orde do 29 de xuño de 1994 ao incluír novos códigos de prezos privados.

Por todo iso, e en virtude do parágrafo segundo da disposición adicional da Orde do 30 de xuño de 1992 referida, e da disposición adicional terceira da Orde do 29 de xuño de 1994,

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o anexo V da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

04

Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

01

Secretaría

02

Escola Galega de Administración Pública

OA

04

Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia

05

Secretaría Xeral de Emigración

06

Secretaría Xeral para o Deporte

07

Axencia Turismo de Galicia

OA

08

Secretaría Xeral de Medios

09

Emerxencias

11

Diario Oficial de Galicia

12

Relacións Exteriores e coa Unión Europea

16

Xogo

17

Asociacións, fundacións e colexios profesionais

18

Administración local

19

Academia Galega de Seguridade Pública

OA

20

Interior e Espectáculos Públicos

21

Axencia Galega de Emerxencias

OA

22

Secretaría Xeral de Igualdade

24

Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega)

OA

05

Facenda

01

Secretaría

02

Instituto Galego de Estatística

OA

04

CIXTEC

OA

05

Consello Galego da Competencia

OA

06

Política Financeira

07

Función Pública

08

Axencia Tributaria de Galicia

OA

06

Infraestruturas e Vivenda

01

Secretaría

02

Mobilidade

03

Instituto Galego da Vivenda e Solo

OA

04

Axencia Galega de Infraestruturas

OA

16

Xurado de Expropiación Forzosa

26

Servizo Técnico-Xurídico

27

Fomento e Calidade da Vivenda

07

Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

01

Secretaría

03

Ensino Medio

05

Secretaría Xeral de Política Lingüística

06

Patrimonio Cultural

07

Arquivos e Museos

08

Rexistro da Propiedade Intelectual

09

Axencia Galega das Industrias Culturais

OA

10

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

OA

08

Economía, Emprego e Industria

01

Secretaría

02

Minas

03

Administración Industrial

05

Instituto Galego de Consumo

OA

06

Comercio

07

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

OA

08

Enerxía

09

Axencia Galega de Innovación

OA

11

Servizo Galego de Propiedade Industrial (Segapi)

12

Instituto Galego de Promoción Económica

OA

13

Emprego

14

Instituto Galego de Saúde e Seguridade Laboral

OA

15

Consello Galego de Relacións Laborais

OA

09

Medio Rural

01

Secretaría

02

Supervisión de Proxectos

03

Contratación

04

Infraestruturas Agrarias

05

Formación Agraria

06

Centro de Investigacións Agrarias

07

Axudas Estruturais

08

Industria e Comercialización Agroalimentaria

09

Sanidade e Produción Animal

10

Montes e Industrias Forestais

12

Defensa Contra Incendios

13

Fomento Cooperativo

14

Fondo Galego de Garantía Agraria – Fogga

OA

15

Sanidade Vexetal

16

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader)

OA

17

Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal)

OA

11

Sanidade

01

Secretaría

02

Planificación e Ordenación

03

Sergas – Xerencia

OA

06

Sergas – Farmacia

OA

08

Saúde Pública

11

Fundación Pública Urxencias Sanitarias Galicia – 061

OA

12

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

OA

13

Fundación Pública Instituto Galego de Ofmatoloxía

OA

16

Inspección Sanitaria

17

Protección á Saúde

18

Promoción da Saúde

19

Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica

OA

12

Mar

01

Secretaría

02

Acuicultura (S.C.)

03

Marisqueo (S.C.)

04

Pesca (S.C.)

05

Desenvolvemento Pesqueiro

06

Recursos Mariños

07

Competitividade e Innovación Tecnolóxica

08

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar)

OA

10

Grupo de Portos

OA

14

Política Social

01

Secretaría

02

Escolas Infantís - AGSS

OA

03

Xuventude

04

Tempo Libre

06

Menores

07

Dependencia e Autonomía Persoal

15

Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

01

Secretaría

04

Conservación da Natureza

06

Prevención e Xestión Ambiental

07

Fomento e Control de Calidade Ambiental

08

Control e Xestión de Residuos

09

Laboratorio do Medio Ambiente de Galicia

10

Centro de Investigacións Forestais

11

Servizo Técnico-Xurídico

12

Augas de Galicia

OA

14

Inspección e Intervención Ambiental

15

Meteogalicia

18

Axencia de Protección de Legalidade Urbanística

OA

19

Urbanismo

20

Instituto de Estudos do Territorio

OA

23

Consello da Cultura Galega

01

Consello da Cultura Galega

24

Consello Consultivo

01

Secretaría

Segundo. Actualizar o anexo VI da Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 30 de xuño de 1992, do xeito seguinte:

A) Engadindo os códigos relacionados a seguir, de maneira que se insiran no lugar que lles corresponda segundo a orde preestablecida:

30.41.07

Autorización para a organización de cursos de formación en materias financeiras e de seguros.

30.57.01

Solicitude de autorización para impartir acciones formativas

30.57.02

Seguimento, control e avaliación das accións autorizadas

30.58.00

Venda de produtos pesqueiros

30.58.01

Autorización de venda de produtos pesqueiros que sexan obxecto de primeira venda en lonxa

30.58.02

Autorización de venda de produtos pesqueiros que non sexan obxecto de primeira venda en lonxa

31.27.03

Declaración de responsable de inicio de actividade, servizo complementario e modificación substancial de servizos sociais

32.19.15

Rexistro de instalacións eléctricas de alta tensión e de liñas eléctricas de baixa tensión

32.79.00

Participación en feiras internacionais

32.79.01

Participación como coexpositor en feiras internacionais

32.79.02

Participación das empresas en feiras internacionais na modalidade centro de negocio.

B) Modificando os códigos seguintes:

30.07.03

Modificación da autorización de instalación e localización, extinción ou denuncia

30.07.06

Autorización de instalación e localización

30.14.02

– Clase A-1: iguais características que a clase A, pero cun período de validez de quince días

– Clase A-2: iguais características que a clase A, pero cun período de validez de dous anos

30.51.05

Autorización da instalación e localización de máquinas auxiliares de apostas en locais de hostalaría

31.07.01

Comprobación sanitaria, loita contra enfermidades das gandarías afectadas e nas campañas de saneamento gandeiro cando a prestación deba realizarse por incumprimento da normativa que a regula, por perda de identificación do gando, a petición de parte fóra do período de revisión obrigatoria ou en probas para a cualificación sanitaria e mantemento da mesma en cebadoiros de bovino

31.07.05

Autorización, vixilancia e revisión de operacións de limpeza e desinfección.

31.07.11

Autorización e rexistro de explotacións, delegacións, depósitos, paradas de sementais, centros de equitación (da súa tarifa correspondente)

31.07.24

Autorizacións e revisións de empresas de penso para a elaboración e/ou comercialización de pensos medicamentosos consonte o Real decreto 1049/2009, do 4 de setembro (no caso dos distribuidores non será acumulativa coa taxa 31.7.2003 cando o distribuidor solicite conxuntamente autorización como distribuidor de medicamentos veterinarios e pensos medicamentosos), e certificacións oficiais de acompañamento dos pensos medicamentosos

31.07.30

Exención de tratamento contra a varroase en explotacións apícolas pertencentes a entidades incluídas nun programa experimental ou proxecto de investigación

31.19.01

Clasificación e calquera tipo de cambio ou reforma substancial respecto das condicións nas que fose outorgada a clasificación de establecementos hoteleiros e extrahoteleiros, apartamentos turísticos, vivendas turísticas, vivendas de uso turístico, albergues turísticos e turismo rural.

31.27.01

Autorización de servizos, centros e programas

31.27.02

Acreditación de servizos sociais

32.07.15

Declaración de responsable, comunicación previa ou notificación de organismos de control, entidades de certificación de conformidade municipal e verificadores ambientais

32.07.19

Cambio de titularidade ou ampliación/redución nos campos de actuación dun organismo de control ou dunha entidade de certificación de conformidade municipal: o 50 % da subalínea 15

32.18.00

Autorización de instalacións eléctricas e de gas

32.19.12

Receptora de gas

32.48.00

Cambio de titularidade. Autorizacións de instalacións de produción de enerxía eléctrica e autorizacións de instalacións eléctricas e de gas

32.52.06

Modificación de inscricións no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia

32.52.15

Baixa da inscrición de produtores, axentes e negociantes de residuos perigosos no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia

Terceiro. Actualizar o anexo VII da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 30 de xuño de 1992, que queda como segue:

Banco Santander

Banco Popular

Banco Sabadell

Caixa Geral Depósitos

BBVA

Targobank

Banco Pastor

Evo Banco, S.A.

Bankia

Abanca

Ibercaja

La Caixa

Caja Rural de Lugo

Caja Rural Zamora

Cuarto. Actualizar os anexos I e II da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 29 de xuño de 1994, engadindo os seguintes códigos:

No anexo I:

364800 Ensinanzas do Centro Superior de Hostalaría de Galicia

364801 Matrícula e docencia

364802 Certificados, expedición de títulos

364900 Servizos prestados polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia

364901 Aloxamento alumnado

364902 Manutención

364903 Consultoría, asesoramento e similares

No anexo II:

365000 Servizos de cafetaría e restaurantes do Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Quinto. Esta resolución entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2016.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2015

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia