Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 324

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 18 de decembro de 2015 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2014/15, convocados pola Orde do 29 de setembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 6 de outubro).

A Orde do 29 de setembro de 2015 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2014/15, establece, no seu artigo 11.1, que o titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo xurado de selección ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicadas as cualificacións provisionais obtidas polos candidatos e candidatas no portal educativo https://www.edu.xunta.es, resoltas as reclamacións presentadas, vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e por proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2014/15, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Esta orde de adxudicación dos premios poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2015

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Premios extraordinarios nas modalidades de música, danza e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2014/15

Modalidade de música

Sol.

Apelidos e nome

Cód. C.

Centro estudos

Importe

147484

Arca Figuero, Juan

36024471

CMUS Profesional de Vigo

850 €

130261

Hermida Rodríguez, Marina

36019700

CMUS Profesional Manuel Quiroga

850 €

146012

Hervés Carrete, Carlos

36024471

CMUS Profesional de Vigo

850 €

Modalidade de danza

Sol.

Apelidos e nome

Cód. C.

Centro estudos

Importe

146731

Liñares Vázquez, Sofía

15027010

CDAN Profesional da Coruña

850 €

Modalidade de artes plásticas e deseño

Sol.

Apelidos e nome

Cód. C.

Centro estudos

Importe

2066190

Martínez Pérez,Bruno

27006589

EASD Ramón Falcón

850 €

145878

Naveira Souto, Olaya

15005506

EASD Pablo Picasso

850 €