Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Xoves, 7 de xaneiro de 2016 Páx. 338

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2015 pola que se fai pública a relación de aspirantes declarados/as aptos/as nas probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas por Orde do 13 de outubro de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 199, do 19 de outubro).

O artigo 11 da Orde do 13 de outubro de 2015 pola que se convocan as probas para a renovación da habilitación de persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, sinala que o tribunal fará públicas e elevará á Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública a relación dos/as aspirantes declarados/as aptos/as, que deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Polo exposto, e facendo uso das competencias que me foron concedidas,

RESOLVO:

Primeiro

Facer pública a relación de aspirantes que superaron as probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, que se xunta como anexo a esta resolución.

Segundo

Os/as aspirantes declarados/as aptos/as nesta resolución deberán presentar no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, solicitude axustada ao modelo oficial, xunto co xustificante de ter aboada a correspondente taxa, para que lle sexa expedida a habilitación prevista no artigo 6 do decreto 8/2010, do 21 de xaneiro, polo que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Terceiro

Contra a presente resolución, que non esgota á vía administrativa, poderán os/as interesados/as, interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes desde o día seguinte á súa publicación, tal e como establecen os artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Estrada, 22 de decembro de 2015

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Apelidos e nome

Alleres Pérez, Esteban

Álvarez Díaz, Jorge

Álvarez Fernández, Alejandro

Álvarez Seoane, Jesús

Argibay Blanco, Marcos

Argibay Blanco, Óscar

Boente Gallego, César

Canitrot Caeiro, Amando Miguel

Carril Comesaña, Roberto

De la Fuente Romay, Ignacio

Del Río Polo, Pablo

Dopazo Sánchez, José Manuel

Domínguez Enríquez, Olegario

Fernández Ferreiro, Alberto

Fernández Sánchez, Martín

Ferreiro Casanova, José Manuel

García Pousada, Abel

González Castro, José Manuel

González Figueroa, Enrique

González Pidre, Manuel

Lores Cores, Rubén

Luque Dellunde, Eusebio Jesús

Millares Andión, Javier

Moreira García, José Luis

Negrito Ruiz, Salvador

Novoa Blanco, José Sindo

Ortiz Álvarez, José Miguel

Penas Franco, Francisco Javier

Rodríguez Multa, José Ricardo

Senra Lorenzo, Rafael

Valois Calvo, Francisco Javier

Vila Meaño, Luis