Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 22 de decembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución ditada con relación a unha solicitude.

Con data do 30 de novembro de 2015 o conselleiro de Facenda ditou resolución respecto á solicitude de suspensión formulada por Lorena Almudena Elguero Córdoba do Acordo do 9 de setembro de 2015, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arqueólogos/as, convocado pola Orde do 9 de maio de 2014.

Logo de tentar, dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo, por «Non retirado» tras os dous intentos en que consta «ausente de repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Lorena Almudena Elguero Córdoba a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8.1 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública