En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de expediente: 22/2015 CA.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23040
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: subministración, instalación e posta en marcha de equipamentos de medida de compostos químicos orgánicos e inorgánicos en aire ambiente con destino ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.
c) CPV (referencia de nomenclatura): 38400000-9.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 268.101,50 €.
5. Orzamento base de licitación: importe neto: 268.101,50 €. Importe total: 324.402,82 €.
6. Dotación por lotes:
a) Lote 1. Un (1) sistema portátil de cromatografía de gases-espectrometría de masa para análise de compostos orgánicos no aire ambiente: importe neto: 190.146,00 €. Importe total: 230.076,66 €.
b) Lote 2. Un etalómetro para análise automática de black carbon (carbono negro) no aire ambiente: importe neto: 36.800,00 €. Importe total: 44.528,00 €.
c) Lote 3. Dous analizadores automáticos de medida de dióxido de xofre (SO2) no aire ambiente: importe neto: 26.296,00 €. Importe total: 31.818,16 €.
d) Lote 4. Un analizador automático de medida de dióxido de nitróxeno (NO2) e de óxidos de nitróxeno (NOX) en aire ambiente: importe neto: 14.859,50 €. Importe total: 17.980,00 €.
7. Financiamento: cofinanciado nunha porcentaxe máxima do 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 3, tema prioritario 47.
8. Formalización do contrato do lote 1:
a) Data de adxudicación: 16.10.2015.
b) Data de formalización do contrato: 19.11.2015.
c) Adxudicataria: Ibatech Tecnología, S.L.U.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 188.774,00 €. Importe total con IVE: 228.416,54 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.
9. Formalización do contrato do lote 2:
a) Data de adxudicación: 27.10.2015.
b) Data de formalización do contrato: 27.11.2015.
c) Adxudicataria: Ingenieros Asesores, S.A.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 36.445,00 €. Importe total con IVE: 44.098,45 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.
10. Formalización do contrato do lote 3:
a) Data de adxudicación: 27.10.2015.
b) Data de formalización do contrato: 27.11.2015.
c) Adxudicataria: Ingenieros Asesores, S.A.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 21.200,00 €. Importe total con IVE: 25.652,00 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.
11. Formalización do contrato do lote 4:
a) Data de adxudicación: 27.10.2015.
b) Data de formalización do contrato: 27.11.2015.
c) Adxudicataria: Ingenieros Asesores, S.A.
d) Importe de adxudicación: importe neto: 11.500,00 €. Importe total con IVE: 13.915,00 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.
Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015
Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio