Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 591

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (556/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 556/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Germán Sánchez Lado contra Ambugallegas, S.L. e o Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Que aceptando integramente a demanda interposta por Germán Sánchez Lado contra Ambugallegas, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a suma de 2.321,87 euros polos conceptos analizados no feito probado cuarto desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade percibidos desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambugallegas, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2015

A secretaria xudicial