Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 592

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 232/2015).

ETJ execución de títulos xudiciais 232/2015

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 343/2012

Sobre ordinario

Demandante: José Munín Aldrey

Avogada: María Sonia Míguez Macho

Demandados: Marfur Obras y Reformas, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 232/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Munín Aldrey contra Marfur Obras y Reformas, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

Decreto.

Secretaria xudicial María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2015

Antecedentes de feito:

Primeiro. José Munín Aldrey presentou solicitude de execución de sentenza nº 233/2015 ditada no PO 343/2012 contra Marfur Obras y Reformas, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial e, atendendo á devandita solicitude, en data do 14.9.2015 este órgano xudicial ditou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade de 8.514,85 euros de principal (6.438,62 de cantidades debidas +2.076,23 euros de xuros do artigo 29.3 do ET) e de 851,48 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada, Marfur Obras y Reformas, S.L., realizada por decreto do 4.2.2013, ditado polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS foi ditado na data do 14.9.2015 decreto dando audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se é o caso, a existencia de novos bens, co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, polo que se pode ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desa lei, dando audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os cales facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisoria para todos os efectos, até se coñeceren novos bens do executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Marfur Obras y Reformas, S.L. en situación de insolvencia total polo importe de 8.514,85 euros de principal (6.438,62 de cantidades debidas +2.076,23 euros de xuros do artigo 29.3 do ET) e de 851,48 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións despois de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme esta resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo188 LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. indicando no campo do concepto «recurso», seguido do código «31 Social-Revisión de resolucións Secretario Xudicial». Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

E para que sirva de notificación en legal forma a Marfur Obras y Reformas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2015

A secretaria xudicial