Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2016 Páx. 595

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (881/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Francisco Santiago Rodríguez Mota contra Esabe Vigilancia, S.A. con citación do Fogasa e da Administración concursal, en reclamación por cantidade, rexistrado co número de procedemento ordinario 881/2012 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 25.1.2016 ás 12.00 horas, en planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Esabe Vigilancia, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2015

A secretaria xudicial