Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7747

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2016 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2016 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 3.2 da  Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 xullo, convócanse actividades de formación para o persoal que presta servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na liña a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas.

Os cursos de Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa, do programa de autoformación e os restantes que se correspondan co segundo semestre do ano que aparecen reflectidos no plan de formación continua serán obxecto de convocatoria independente.

RESOLVO:

Publicar a convocatoria das actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os empregados/as públicos/as que presten servizos nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na liña a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e institucións públicas autonómicas que non poidan acceder ás convocatorias de formación continua e se encontren en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos na presente convocatoria.

Toda persoa solicitante que, ao inicio da actividade formativa, estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

As actividades formativas obxecto desta convocatoria impartiranse en dúas modalidades: teleformación e presencial. Estas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada unha delas se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web http://egap.xunta.es

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 desta base os solicitantes deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:

a) Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique o tipo de persoal, situación administrativa e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

b) Documentación complementaria acreditativa de circunstancias específicas (discapacidade, permiso de maternidade, etc.) de acordo cos criterios de selección sinalados na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG do 10 de xaneiro).

Para isto poderase utilizar, ademais do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es

4. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 62 53, e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es

Cuarta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008
(DOG do 10 de xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos cales o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo). Para o ano 2016, segundo a Resolución do 3 de febreiro (DOG do 29 de febreiro), comezarase pola letra O.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Quinta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.es unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude, será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxaría telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na lista de espera, todo isto de acordo co disposto no artigo 59.6.b) da Lei réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo http://egap.xunta.es a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sexta. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

Por outras causas xustificadas documentalmente.

a) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), o enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar, en ningún caso, o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Sétima. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar unha proba de avaliación que se realizará ao final delas. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

É obrigatoria a asistencia con puntualidade ás probas de avaliación. Para estes efectos, realizarase un único chamamento por orde alfabética. En ningún caso se admitirán cambios na asignación de quendas das probas.

As persoas participantes deberán vir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade.

Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

Non se permitirá o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas.

Nas actividades formativas encadradas dentro do Plan formativo ofimático de Galicia a proba final de avaliación terá igualmente carácter presencial e desenvolverase na sede da EGAP en Santiago de Compostela.

b) Para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial de apertura, se a houber.

– A adecuada realización de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e das horas da proba final.

Para poder aprobar a actividade formativa, o alumnado deberá superar unha proba final de avaliación.

Oitava. Certificados

A convocatoria de cada acción formativa determinará que tipo de certificado corresponderá aos alumnos que participen nos cursos.

Para a obtención do certificado de aproveitamento, o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe en que declare apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Novena. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que se poidan producir no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade/modalidade

Datas

Data da proba de avaliación

Horario

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

EP16006

Lei 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

2.5.2016 22.5.2016

24.5.2016

Proba de avaliación

9.00 h.

EP16002

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

2.5.2016 22.5.2016

24.5.2016

Proba de avaliación

10.00 h.

EP16012

Nocións básicas de contabilidade pública

25

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Presencial

19.5.2016 9.6.2016

9.6.2016

Clases presenciais

16.30-19.30 h. (martes e xoves)

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

EP16003

Fondos europeos e procedemento de concesión de subvencións

25

24

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Presencial

3.5.2016 2.6.2016

2.6.2016

Clases presenciais

16.30-19.30 h. (martes e xoves)

EP16005

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

50

24

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

28.9.2016 22.10.2016

27.10.2016

Proba de avaliación

11.00 h.

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

EP16009

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

50

30

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

28.3.2016 27.4.2016

29.4.2016

Proba de avaliación

9.00 h.

EP16013

Presentacións de alto impacto

12

16

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Presencial

28.3.2016 11.4.2016

11.4.2016

Clases presenciais

17.00-20.00 h.

(dous días 17.00 a 20.30 h.)

EP16001

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para mellorala

50

18

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

7.4.2016 25.4.2016

29.4.2016

Proba de avaliación

10.00 h.

EP16004

Información e atención ao cidadán

50

25

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

30.5.2016 23.6.2016

27.6.2016

Proba de avaliación

9.00 h.

EP16014

Técnicas elementais de arquivos

50

25

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

30.5.2016 23.6.2016

27.6.2016

Proba de avaliación

10.00 h.

EP16007

Liderado e intelixencia emocional

20

15

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Presencial

6.6.2016 20.6.2016

20.6.2016

16.30-19.30 h. (luns e mércores)

EP16010

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

50

20

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

7.9.2016 26.9.2016

29.9.2016

Proba de avaliación

13.00 h.

EP16011

Negociación e traballo en equipo

35

25

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Mixto(1)

28.9.2016 21.10.2016

27.10.2016

Proba de avaliación

9.00 h.

Portal de idiomas

EP16008

Lingua francesa A1

50

150

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

11.4.2016 28.11.2016

1.12.2016

Proba de avaliación

12.00 h.

Plan formativo ofimático de Galicia

EP16015

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Libre Office Calc)

50

50

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

28.3.2016 16.5.2016

20.5.2016

Proba de avaliación

11.00 h.

EP16016

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

50

50

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

28.3.2016 16.5.2016

20.5.2016

Proba de avaliación

9.00 h.

EP16017

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

50

30

Aproveitamento

Persoal de entes públicos de Galicia e institucións públicas autonómicas

Teleformación

18.5.2016 17.6.2016

20.6.2016

Proba de avaliación

9.00 h.

(1) As datas e horarios das sesións presenciais figuran na ficha da actividade formativa, dispoñible na páxina web da Escola Galega de Administración Pública http://egap.xunta.es/cursosportada/ListadoCursos