Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7758

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 18 de febreiro de 2016 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 18 de xaneiro de 2016.

Por Orde do 18 de xaneiro de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 17, do 27 de xaneiro de 2016, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta consellería do 18 de xaneiro de 2016 e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 14, do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días se non implica cambio de residencia ou de sete días se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel no que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no apartado anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, deseguido, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Datos do/da funcionario/a:

Nome e apelidos: Roberto José Castelo Feliu.

Número de rexistro de persoal: 3489534302 A207E.

Corpo ou escala: corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: interventor/a delegado/a da Consellería de Política Social.

Código do posto: FCC030001815770001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Delegada da Consellería de Política Social (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma).

Localidade: Santiago de Compostela.