Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8239

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación do servizo de actualización, análise e mantemento da EIEL (Enquisa de infraestruturas e equipamentos locais) da provincia de Ourense durante o ano 2016.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación do servizo de actualización, análise e mantemento da EIEL (enquisa de infraestruturas e equipamentos locais) da provincia de Ourense durante o ano 2016, cun gasto autorizado de 70.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións ao que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 40 ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outros recursos que se estimen procedentes, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a presidencia da Deputación no prazo dun mes e alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os dous prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 16 de febreiro de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense