Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8237

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación de desenvolvemento do programa municipal de inmersión lingüística Vigo en inglés 2016.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 17468-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión, organización e desenvolvemento do programa municipal de inmersión lingüística mediante integración escolar en período lectivo nun High School «Vigo en inglés 2016» para a mellora da competencia lingüística en inglés de estudantes de 4º da ESO e/ou 2º de bacharelato matriculados en centros educativos de Vigo sustentados con fondos públicos.

Lugar de execución: Vigo e High Schools e familias de acollida de Inglaterra.

Prazo de execución: un ano. Prórroga: si, unha de como máximo nove meses de duración, que deberá rematar necesariamente o 31 de decembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 624.000 euros. (contrato exento de IVE).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48. Fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e conómica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 5 de febreiro de 2016

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación