Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16934

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, de dous postos de xefe/a da Sección de Medicina Interna do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Convocado por Resolución do 12 de maio de 2015 (DOG nº 102, do 2 de xuño), a provisión de dous postos de xefe/a da Sección de Medicina Interna do Hospital Lucus Augusti, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG nº 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG nº 76, do 19 de abril) , pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de dous postos de xefe/a da Sección de Medicina Interna do Hospital Universitario Lucus Augusti, convocada por Resolución do 12 de maio de 2015 (DOG nº 102, do 2 de xuño).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os aspirantes nomeados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión dos postos de traballo adxudicados deberán efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada dos interesados, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Os aspirantes nomeados obterán un nomeamento que será obxecto de avaliación cada catro anos, para os efectos de apreciar o nivel de rendemento. O resultado da avaliación determinará a prórroga do nomeamento ou, de ser o caso, a súa remoción. A omisión da avaliación non suporá a consideración do nomeamento como definitivo.

Quinto. Contra esta resolución poderanse interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 19 de abril de 2016

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación dos postos: xefe/a da Sección de Medicina Interna do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Nome e apelidos: María Teresa Rigueiro Veloso.

NIF: *****393C (*).

Nome e apelidos: Rafael Monte Secades.

NIF: *****388T(*).

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os dereitos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.