Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16930

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se detalla no anexo I de esta orde.

Segundo. Poderán concorrer a ela os funcionarios e as funcionarias que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan.

Terceiro. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), na súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán presentar coa solicitude un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar o posto de traballo persoal funcionario doutra Administración pública, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, que se considerará favorable de non se emitir no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez autorizado o seu traslado a esta Administración, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado/a. Se no prazo de dous (2) meses, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se pode incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserta de consideralo oportuno o órgano convocante.

Sétimo. O prazo de toma de posesión do novo destino será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles.

O prazo de toma de posesión comenzará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar na data que se determine xustificadamente mediante orde da persoa titular da consellería convocante publicada no Diario Oficial de Galicia, agás no caso de procedencia doutras administracións, que se deberá efectuar dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da comunicación da resolución de traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, co límite dos dous (2) meses a que se fai referencia no punto quinto desta orde. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde a dita data.

A persoa titular da consellería onde preste servizos o/a funcionario/a poderá, non obstante, diferir o cesamento, por necesidades do servizo, ata vinte (20) días hábiles, o que se lle debe comunicar á unidade a que sexa destinado o/a funcionaria/a.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a conselleira do Mar, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, á elección do/da demandante, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2016

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO I

Denominación: Xefatura Comarcal.

Código: MR.C99.30.000.15350.001.

Nivel: 25.

Complemento específico: 10.194,48 €.

Grupo: A1, A2 e C1.

Corpo/escala: xeral/especial.

Adscr. Adm. P.: AXG.

Centro destino: Xefatura Comarcal de Ferrol.

Localidade: Ferrol.

Descrición códigos da adscrición ás administracións públicas: AXG-adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

missing image file