Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16953

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación para comparecencia (ETX 298/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 298/2015

Procedemento orixe: procedemento ordinario 390/2012

Sobre ordinario

Demandante: Rubén Martínez Domínguez

Avogado: Manuel Castro Fernández

Demandados: Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 298/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Martínez Domínguez contra Landro Albañilería, S.L., Estructuras Cubafer, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, trece de abril de dous mil dezaseis.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Rubén Martínez Domínguez presentou escrito solicitando a execución de sentenza do 309/15 ditada no PO 390/12 contra Landro Albañilería, S.L., Estruturas Cubafer, S.L., Fogasa.

Segundo. Respecto de Estructuras Cubafer, S.L. o administrador concursal informou que se ditou o 13.3.2012 auto de declaración do concurso de acredores no 8.1.2013, auto que aproba o plan de liquidación, e o 21.1.2014 sentenza que cualifica o concurso como culpable, presentando copia destas 2 últimas resolucións.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 examinou a súa xurisdición e competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de sentenza nº 309/15 ditada no PO 390/12 concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e que se debe despachar esta de conformidade co disposto no artigo 237 LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa, e a solicitude de execución presentada, a cantidade por que se despacha execución é de 1.682,05 euros de principal (1.243,31 euros de salarios, vac. + 438,74 euros de xuros do artigo 29.3) e de 168,20 euros en concepto provisorio de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 LXS, polo que non excede, para os primeiros, o importe dos que se producirían durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de constrinximento en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen o executado cumprir na súa integridade a obriga, se se apreciar falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tiver incumprido a obriga de manifestar bens ou se tiveren ocultado elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que se debe aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumprir na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución en diñeiro, o aboamento dos xuros procesuais, se procederen, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable, ou desde que o título ficou constituído ou, se for o caso, desde que a obriga declarada no título executivo for exixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se tiveren solicitado, en aplicación do establecido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En relación coa solicitude de despacho de execución contra Estructuras Cubafer, S.L., vista a situación en que se encontra o procedemento concursal desta, con carácter previo para resolver sobre o despacho de execución e para tal efecto, cítense as partes executantes e executadas e o Fogasa á celebración da comparecencia incidental do artigo 238 da LRXS.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución sentenza nº 309/15 ditada no PO 390/12 a favor da parte executante, Rubén Martínez Domínguez, contra Landro Albañilería, S.L., Fogasa, parte executada, polo importe de 1.682,05 euros de principal (1.243,31 euros de salarios, vac. + 438,74 euros de xuros do artigo 29.3) e de 168,20 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución, e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Respecto da mercantil Estructuras Cubafer, S.L., aténdase ao resultado da comparecencia do artigo 238 da LRXS, a cal, despois da consulta de dispoñibilidade da axenda xudicial, se sinala para o próximo día 31.5.2016 ás 13.45 horas. Cítense as partes executante e executada, así como o Fogasa e o administrador concursal de Estructuras Cubafer, S.L.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que incorreu a resolución e o cumprimento ou o incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título, sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta no Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, indicando no campo do concepto “Recurso” seguido do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Landro Albañilería, S.L. e Estructuras Cubafer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza