Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 16952

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1050/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1050/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Excavaciones Torres Iglesias, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxa resolución, expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra Excavaciones Torres Iglesias, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 203 euros, así como ao aboamento das custas procesuais, con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros.

No que afecta a responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte conforme a aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso (artigo 191.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Torres Iglesias, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza