Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17938

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO da convocatoria de concurso para seleccionar a persoa que desempeñará o posto de traballo de axente TIC.

Conforme o acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o día 12 de abril de 2016, convócase concurso para poder seleccionar a persoa que desempeñará o posto de traballo de axente TIC, a través da Aula Cemit deste concello, na modalidade de funcionario interino, para realizar as funcións previstas na base 2ª das que rexen o dito proceso de selección, que resultaron aprobadas nesa mesma sesión.

E isto, ata o remate do programa para cuxa execución se aprobou esta convocatoria, que é de carácter anual e que remata o día 31 de decembro de 2016, pero poderase prorrogar o nomeamento mentres dure o programa, dentro dos límites establecidos legalmente.

A retribución consistirá nunha retribución básica correspondente a un funcionario do grupo B e nunha retribución complementaria que incluirá unicamente o complemento de destino, por un importe equivalente ao nivel 18, por ser ese o nivel mínimo previsto legalmente para un funcionario do grupo B.

As bases que rexen a convocatoria están nas oficinas municipais á disposición dos interesados e serán publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; deberase presentar a seguinte documentación mediante fotocopia compulsada:

1. Documento nacional de identidade ou equivalente.

2. Titulación mínima de formación profesional de grao superior ou, na súa falta, xustificante de ter efectuado o depósito para a súa obtención, xunto coa certificación oficial de ter superados os estudos necesarios para a súa expedición.

3. Documento acreditativo de estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia.

4. Documentación acreditativa dos méritos alegados, de ser o caso.

5. Curriculum vitae.

Os sucesivos anuncios relativos a este procedemento publicaranse no taboleiro de edictos da casa do concello.

Arzúa, 19 de abril de 2016

José Luis García López
Alcalde